top of page

Servizos de tradución profesional online

Galician

En TranslationServices.com proporcionamos servizos de tradución profesional para todas as linguas e en todos os ámbitos. O noso equipo de expertos leva traducidos centos de documentos para clientes satisfeitos en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e o resto do mundo. O noso compromiso é traducir o seu proxecto baixo os estándares de calidade máis altos tanto se necesita traducións ao galego como dende o galego, inglés, hindi ou chinés.

 

Solicite un presuposto.

 

¿Que servizos ofrecemos?

 

En TranslationServices.com proporcionamos servizos de alta calidade para clientes de distintos perfís como empresas, autores ou académicos. Ademais de proporcionar servizos de tradución de lingua galega, o noso completo equipo de tradución traballa habitualmente con máis de 100 linguas. Ofrecemos:

 

 

  • Tradución para empresas. ¿Necesita traducir un catálogo de galego a inglés ou a outra lingua? Ofrecemos servizos de tradución a empresas para traducir manuais de recursos humanos, descricións de produtos e outros contidos relacionados co márketing e os negocios.

 

  • Tradución literaria. ¿Está preparado para chegar a máis lectores internacionais? Temos traducidos libros de practicamente calquera xénero, como novela romántica, manuscritos de ciencia ficción ou memorias. Os nosos tradutores literarios non se limitan a traducir palabra por palabra, senón que manteñen a voz e estilo do orixinal

 

  • Tradución médica. A tradución médica non está feita por nos, senón que traballamos cunha axencia de tradución médica capaz de traducir de forma rápida e eficaz notas, informes, entrevistas con pacientes e outros documentos médicos ao galego ou dende o galego.

 

  • Tradución legal. Traballamos cunha axencia de tradución legal que conta con experiencia e a profesionalidade para traducir cartas de intencións, declaracións, escrituras, políticas de privacidade e outra documentación legal. Os nosos socios de tradución legal traballan sempre de forma profesional e confidencial.

 

  • Tradución certificada. Elixa este servizo se necesita traducir expedientes académicos, certificados de matrimonio ou divorcio ou outros documentos importantes dende o galego para asuntos de emigración ou similares.

 

  • Localización. ¿Quere expandir o seu negocio a un mercado estranxeiro? Adaptamos os seus contidos a países ou rexións específicas.

 

 

  • Tradución xeral. ¿Precisa simplemente traducir un documento en galego con urxencia? Podemos traducir practicamente todo de forma accesible e minuciosa. Contacte con nós para falar das necesidades da súa tradución a ou dende o galego.

 

¿Quen somos?

 

Os tradutores de TranslationServices.com son profesionais altamente cualificados con experiencia demostrable e unha alta atención aos detalles. Os nosos tradutores de galego están especializados nunha gran variedade de temas, polo que asignamos cada proxecto a un membro específico do noso equipo. O que facemos é, en resumo, ofrecer os mellores servizos de tradución á xente de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela ou calquera outra parte do mundo.

 

Razóns para traballar con TranslationServices.com

 

  • Proporcionamos traducións literarias, académicas e para empresas con precisión para calquera tema ou ámbito.

 

  • Ofrecemos tradución humana profesional para calquera idioma e calquera tema.

 

  • A diferenza de outros servizos de tradución, non nos amparamos nos servizos de tradución automática. Nós encargamos os nosos proxectos de tradución aos membros do noso equipo profesional.

 

Estamos orgullosos dos altos niveis de calidade proporcionados polos nosos tradutores e garantimos que estará satisfeito co noso traballo.

 

Solicite un presuposto.

bottom of page